Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Modern Language 4: Portuguese
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A8 A15 B1 C2 Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. 10
Oral presentation A8 B4 B5 C2 Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Mixed objective/subjective test A8 A10 A15 B4 B7 B8 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta, virada fundamentalmente para a produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves, ...), en que serán avaliados os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e coa realización dos traballos tutelados. 50
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán
publicados na plataforma Moodle no inicio do curso.
Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente cos docentes e, para superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos tutelados (3 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel pola materia através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes