Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura.

Modalidade online: Facilitaranse os contidos dos temas a través de Moodle, explicándose os mesmos a través de Teams e aclarando as dúbidas existentes por este sistema ou por correo electrónico.
Estudo de casos Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica xurídica.

Modalidade online: Os/as alumnos/as realizarán diversos casos relacionados co contido da materia que remitirán por correo electrónico ao profesor e este lles devolverá correxidos sinalando os erros comentidos.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os alumnos poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.

Modalidade online: Os alumnos acreditarán esta análise a través dun caso práctico que se remitirá por correo electrónico. As dúbidas que xurdan ao respecto serán resoltas por correo electrónico ou por Teams.
Proba obxectiva Os alumnos deberán examinarse dos contidos que conforman a materia do curso. Con independencia da modalidade de exame que se poña en práctica o alumno deberá respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes