Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B4 B6 C7 Oa alumnos deberán respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen. 60
Estudo de casos A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C8 Os alumnos deberán analizar e resolver supostos de feito susceptibles de plantearse na práctica profesional.

Modalidade online: Os/as alumnos/as realizarán diversos casos relacionados co contido da materia que remitirán por correo electrónico ao profesor e este lles devolverá correxidos sinalando os erros comentidos.
35
Análise de fontes documentais A5 A14 B1 B3 B4 B7 C3 C4 C6 C8 Os alumnos deberán localizar e manexar textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión.

Modalidade online: Os alumnos acreditarán esta análise a través dun caso práctico que se remitirá por correo electrónico. As dúbidas que xurdan ao respecto serán resoltas por correo electrónico ou por Teams.
5
 
Observacións avaliación

Modalidade presencial:

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao final do curso. 

En xullo, o examen será o 100% da nota final.

Modalidade online:
Para superar a materia é imprescindible ter realizado e entregado máis dun 70% das tarefas online e que a nota media nese apartado sexa dun un 4 ou superior.

1ª Oportunidade: a parte de actividades online ten un valor dun 40%, a parte de exame teórico ten un valor dun 60%.

2ª Oportunidade: gárdase a nota da parte de actividades online obrigatorias realizadas, no caso de ter mínimo un 4 na mesma, durante o curso (40%). O exame teórico ten un valor do 60%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes