Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patrimonio Cultural Código 662G01007
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Dada a amplitude de ámbitos que abarca o concepto de Patrimonio Cultural, o obxectivo fundamental da materia é aproximar ao alumno a todos eles tendo en conta a súa vinculación co fenómeno turístico. Ademais de proporcionar uns coñecementos básicos e xerais sobre a materia, preténdese mostrar o papel do experto en turismo en calquera programa de xestión do patrimonio e conciencialo da importancia da súa presencia no mesmo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos 2. Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Clase maxistral, titorías • Metodoloxías docentes que se modifican: Clase maxistral e titorías impártense de xeito on line. Estas últimas moito máis personalizadas. As saídas de campo ou prácticas in situ sustituiranse na medida do posible, por experiencias virtuais. Todo o material estará a disposición do alumnado na plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Clase on line (Teams) Titoría (Teams e correo electrónico) Mantense o horario de clase Faranse as titorías que o alumnado precise. 4. Modificacións na avaliación. Traballo tutelado 60% Elaboración dun traballo relacionado con Patrimonio e a Historia da Arte. Traballo que se fará seguindo as pautas indicadas dende o inicio do cuatrimestre. Proba oral 1 20% Alumnado de Grao en Turismo: Proba sobre a cidade da Coruña, en particular no monumento que teña adxudicado cada persoa nas prácticas obrigatorias da materia (Descubrir Coruña). Farase a través dunha reunión por grupos en Teams. Consiste nunha explicación e comentario a partir de imaxes. Alumnado do Programa de Simultaneidade de Grao en Turismo e CCEE: Proba sobre a cidade da Coruña. Proba oral sobre un barrio da cidade que se fará a medias coa materia de Inglés. Dous dias antes da proba, a cada grupo de alumnos lles será asignado un barrio dos aprendidos, sobre o que deberán explicar unha parte indicada polo profesorado. Proba oral 2 20% Proba sobre a Catedral de Santiago e a súa contorna. Tamén se fará por medio de Teams, en grupos e a través dun comentario e explicación de imaxes. A materia avaliada e só unha quinta parte do contido total da materia. Observacións de avaliación: Redúcese o peso da proba ao 40% (/20% cada unha), que inicialmente era un 60%. Vese necesario comprobar o grao de coñecemento adquirido polo alumnado nesas partes da materia. Na primeira proba, (para o alumnado de Grao en Turismo) trátase de avaliar unhas prácticas que no caso de confinamento non se poderán realizar (cuxo contido explícase e prepárase na clase). Para o alumnado do Programa de Simultaneidade de Grado en Turismo e CCEE trátase de avaliar o coñecemento dun barrio da cidade e a capacidade de explicalo en inglés. Na segunda proba, avalíase unha pequena parte da materia total (unha quinta parte aproximadamente), que require duns coñecementos que han ser acompañados dunha destreza oral. Non se trata dunha proba escrita, senón dunha explicación oral dunha manifestación artística. As probas faranse en dous días diferentes do período de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía A bibliografía mantense, posto que xa se lles indican antes moitas referencias on line e dáse o visto bo ao emprego da bibliografía dispoñible na rede. Nas clases e titorías vanse indicando numerosas referencias, que serían excesivas para enumerar aquí.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes