Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Informática de Xestión e do coñecemento
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Informática de Xestión e do coñecemento Código 662G01008
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Ramos Montes, Óscar
Correo electrónico
oramos@udc.es
Profesorado
Ramos Montes, Oscar
Correo electrónico
oscar.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade desta materia é adquirir as competencias xenéricas en Tecnoloxías da Información e a Comunicación para traballar e estudar en rede. Pór en práctica estratexias de aprendizaxe, de traballo e de estudo nunha contorna virtual a partir da adquisición dunha serie de habilidades co uso das TIC.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral (en formato seminario ou titoría) - Traballos tutelados - Prácticas a través das TIC *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba obxectiva (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos incorpóranse ás metodoloxías dos “Traballos tutelados” e "Prácticas a través das TIC") 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Dispoñen de “foros de FAQS temáticos" asociados aos módulos para formular e dar respostas ás consultas necesarias. - Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, cunha duración axeitada ao medio. 1 sesión semanais en pequeno grupo de titorías, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” e "prácticas a través das TIC". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Traballos tutelados (40%) - Prácticas a través das TIC (60%) Os criterios de avaliación de cada traballo ou práctica estarán dispoñibles na plataforma Moodle. *Observacións de avaliación: Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: - Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase: Traballos tutelados e prácticas. Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación dos traballos tutelados (40%) e prácticas a través de TIC (60%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade. - Opción B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): adóptanse as mesmas condicións que na opción A. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes