Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo Código 662G01024
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar ao alumno os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo, o método a seguir, as técnicas a empregar, as fontes de datos e a forma de redacción. A materia divídese en varias partes, tendo como obxectivo xeneral aprender a realizar tanto un traballo de investigación coma un informe para unha empresa, institución ou organización turística.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaran cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Entregaránse todos os traballos demandados por cada tema impartido. A entrega dos mesmos será a través de Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican As clases e atención de dúbidas sobre os temas impartidos fanse a través de Teams. As titorías de traballos fanse a través dun foro en Moodle e Teams, para o envío dos avances nos traballos de grupo se usará Moodle. As exposicións de traballos grupais fanse a través de Teams, para o cal facilítarase máis tempo entre grupos e máis días para as mesmas. Solicítase o envío da presentación do grupo a través da plataforma Moodle, antes da exposición. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A través de Teams, Moodle e enderezo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Práctica: 60% Teoría: 40% (a través dunha proba) *Observacións de avaliación: Para o alumnado que non houbese seguido a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño. Modalidade online: Para a modalidade online, contemplada na Memoria de Grao, seguiranse os mesmos criterios de avaliación, dado que non poden ter exames presenciais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes