Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Fiscalidade Turística
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fiscalidade Turística Código 662G01026
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Turismo
Coordinación
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Profesorado
Blanco Moa, José Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.blanco.moa@udc.es
Web
Descrición xeral A través do estudo da materia, preténdese un achegamento ao funcionamento da Administración Pública español e á estrutura e contido do sistema e ordenamento tributario español, destacando as particularidades que pola súa incidencia no ámbito turístico revisten un maior interese.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Impartiranse os mesmos contidos previstos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Esencialmente a metodoloxía será o máis similar posible, pero a través de outros medios *Metodoloxías docentes que se modifican -Sesión maxistral: Pasa a ser pola aplicación Teams, mantendo o seu horario habitual -Traballos tutelados: Estes traballos pasan a ser tutelados mediante tutorías a través de Teams e correo electrónico -Aprendizaxe colaborativo: En lugar de facerse de xeito presencial na aula os/as alumnos/as débenos facer pola súa conta e remitirllos ao profesor, que llos devolverá corrixidos -Proba obxectiva: Pasa a realizarse mediante Moodle en lugar de presencialmente 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Teams. Entre dúas e tres veces por semana. Dúas para sesións teóricas para todo o grupo e unha terceira (ou máis de ser preciso) para grupos máis reducidos, segundo as súas necesidades -Moodle. Utilizarase entre dúas e tres veces á semana, esencialmente para subir documentación que se utilizará na asignatura. -Correo electrónico. Utilizarase diariamente. A través do mesmo resolveranse dúbidas dos alumnos/as e tamén se procederá á entrega e corrección de prácticas. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados 40% Aprendizaxe colaborativo 30% Proba obxectiva 30% *Observacións de avaliación: Xustificación da proba obxectiva: O exame nesta materia resulta necesario para comprobar que os coñecementos impartidos máis relevantes e de maior aplicación na futura vida profesional dos/as alumnos/as foron efectivamente adquiridos. Para a realización do exame, que será por vía Moodle, consérvase a data e hora proposta a inicio de curso, pero en caso de que existan alumnos/as con problemas de conexión ou outras incidencias que lle impidan a realización da proba na hora fixada realizarase outra distinta nun momento no que o/a alumno/a teña dispoñibilidade e sempre tratando de que sexa o máis cerca no tempo posible respecto a primeira data. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes