Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Fiscalidade Turística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 A10 B1 B2 B3 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Consistirá na realización dun exame escrito final e que versará sobre aspectos teórico, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos nas sesións maxistrais e no estudo de casos. 75
Traballos tutelados B4 B5 C1 C2 C3 C4 Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización de traballos individuais ou en grupo.Algúns deles recolleranse nas clases para a súa evaluación; outros entregaranse nas datas propostas. 15
Aprendizaxe colaborativa A6 B6 O alumno, en grupo ou individualmente, ha de resolver casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible acadar un 4 na proba obxectiva.

Os/as
alumnos/as con dispensa de asistencia académica deberán poñerse en
contacto co profesor para coñecer que traballos deberán entregar ao
final do curso. 

En xullo, o examen será o 100% da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes