Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Alemán
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Segundo Idioma Moderno I: Alemán Código 662G01047
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
emcancela@gmail.com
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
e.mcancela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: .- Traballos tutelados mediante exercicios de expresión escrita .- Obradoiro de tarefas e exercicios *Metodoloxías docentes que se modifican: .- A proba oral modificarase según as circunstancias .- A proba mixta pasará a facerse mediante cuestionarios Moodle e tarefas. .- Modifícase a sesión maxistral, que pasa a reducirse en duración e os contidos pasan a complementarse con vídeos, presentación e outros materiais dispoñibles para o alumnado a través de Moodle/Teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado .- Foro Moodle: póñense a disposición do alumnado diferentes foros para poder consultar dúbidas que podan xurdir sobre os obradoiros e traballos tutelados, así como sobre calquera outro aspecto da sinatura. Ademais abrirase un foro exclusivo para dúbidas finais que podan xurdir incluso unha vez rematada a sinatura. Os foros estarán accesibles ata o final do curso. .- Tarefas Moodle: para cada tarefa que teña que entregar o alumnado contará cunha explicación pormenorizada dos requirimentos da tarefa na descrición do apartado correspondente en Moodle. .- Teams: previa a realización das tarefas, traballos ou cuestionarios, destinarase un tempo de explicación verbal sobre a mesma mediante Videoconferencia onde os alumnos poderán formular tódalas dúbidas que poidan ter. Ademais destinarase unha última sesión a través de Videoconferencia para resolver tódalas dúbidas ou peticións dos alumnos, así como para facilitarlles recursos que poidan ser de axuda para complementar todo lo aprendido na sinatura e que o poidan consolidar de cara ao próximo curso. .- Correo electrónico e mensaxes en Moodle: se ben es preferible que as dúbidas se compartan nos foros habilitados, os alumnos tamén poden poñerse en contacto co profesor a través de correo electrónico ou mensaxe de Moodle para facer consultas individuais, solicitar encontros virtuais, etc. 4. Modificacións na avaliación: .- Traballos tutelados (30%) .- Obradoiro (30%) .- Cuestionarios (40%) *Observacións de avaliación: .- No caso de detectar en algunha das probas indicios de copia ou utilización ilícita de recursos o alumno pasará a ser cualificado na sinatura como suspenso automaticamente, con independencia das cualificacións obtidas nas probas restantes. APLICABLE A TODALAS CONVOCATORIAS. .- Elimínase o sistema da entrega dos traballos tutelados. Non é necesario entregar as correccións nin o dosier final. APLICABLE A 1ª CONVOCATORIA. Requisitos para superar a materia na 1ª OPORTUNIDADE: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 2. Asistir e participar regularmente as sesións e actividades da clase. 3. Entregar os traballos tutelados nas datas indicadas (mínimo un 80%). Requisitos para superar a materia na 2ª OPORTUNIDADE de XULLO: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: - Traballo final 30% - Cuestionario de comprensión lectora 20% - Cuestionario final 50% Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): .- A cualificación final da sinatura será aquela que resulte dos cuestionarios mais os traballos tutelados. Os traballos terán que ser entregados en la fecha que se estableza, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo ao comezo do cuadrimestre.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes