Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
 Asignaturas
  Arquitectura de Altas Prestacións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor con axuda de material editado electrónicamente, acompañada por preguntas dirixidas aos estudantes co fin de afianzar os coñecementos e mellorar a aprendizaxe. Pode haber debates sobre algúns puntos específicos dos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio Realizaranse traballos prácticos no laboratorio, ben mediante resolución de problemas ou ben a nivel programación) para apoiar os contidos vistos na sesión maxistral.
Traballos tutelados Os estudantes elaborarán en grupo ou individualmente traballos dirixidos sobre unha temática específica da materia. Nalgúns casos podería solicitarse unha exposición en clase destes traballos para o resto dos compañeiros.
Proba mixta O profesor pode adicar un tempo a preguntar aos estudantes sobre as súas prácticas e traballos tutelados para complementar a avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes