Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Presencial)
 Asignaturas
  Taller de Proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 C2 C4 C5 Durante as clases presenciais, os profesores farán un seguimento da participación activa dos alumnos. 10
Traballos tutelados A8 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 Entrega e defensa dos traballos académicamente dirixidos. 90
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (ordinaria - maio):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: 10% da nota final

Segunda oportunidade (extraordinaria - xullo):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: será necesario presentar os traballos academicamente dirixidos que non se presentaron na convocatoria ordinaria, e volveranse a presentar, tras as modificacións oportunas indicadas polos profesores, aqueles que non recibisen unha cualificación mínima necesaria para aprobar na devandita convocatoria. 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 10% da nota final

Non presentado:
Considerarase non presentado o alumno que non entregase ningún dos traballos tutelados e non participase nas actividades propostas.

Tempo parcial/Dispensa académica de exención de docencia: dado que o título ten unha modalidade a distancia, no caso de alumnos que, de forma xustificada, teñan impedimentos para a asistencia de forma presencial, serán avaliados cos criterios da modalidade a distancia.

Durante os procesos de avaliación os profesores poden solicitar aos estudantes que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación de forma non presencial, poderáselles solicitar tamén a firma dixital dos mesmos e/ou unha declaración xurada sobre a autoría dos mesmos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes