Guia docenteCurso
Facultad de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Métodos Non Paramétricos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A17 A16 B2 B3 B4 B17 B18 B19 C11 C13 C14 C15 A presentación en clase do traballo tutelado poderá puntuar ata o 5% da cualificación. 5
Proba obxectiva A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 B20 B21 C11 C13 A proba de coñecementos final será un exame escrito que constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluir a interpretación de resultados obtidos co software usado na docencia interactiva (R). Será obligatorio e supondrá o 70% da cualificación. 70
Solución de problemas A16 A17 A19 A23 B2 B3 B5 B18 B19 B20 B21 C11 C13 C14 C15 A resolución e entrega de exercicios propostos ao longo do curso formará parte da avaliación continua. Computará ata o 7.5% da cualificación. 7.5
Estudo de casos A16 A17 A19 A21 A23 B2 B3 B4 B5 B18 B19 B20 B21 C13 C14 C15 A resolución e entrega de casos de estudo propostos ao longo do curso formará parte da avaliación continua. Computará ata o 7.5% da cualificación. 7.5
Traballos tutelados A17 A19 A21 A23 B2 B4 B5 B18 B19 B20 B21 C11 C13 C14 C15 O desenvolvemento en detalle dun caso de estudo proposto para resolución, ben individualmente ben en grupo, computará ata o 10% da cualificación. 10
 
Observacións avaliación

Presentación á avaliación: Considérase que un estudante concurre a unha convocatoria cando participa en actividades que lle permiten obter cando menos un 50% da avaliación final. A cualificación obtida conservarase entre as oportunidades (ordinaria e extraordinaria) dentro da convocatoria de cada curso.

Oportunidade extraordinaria de recuperación (proba de xullo): O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (proba de xullo) será o mesmo que na avaliación ordinaria. Na segunda oportunidade de avaliación (recuperación), realizarase un exame e a nota final será o máximo de tres cantidades: a nota da avaliación ordinaria, a nota do novo exame e a media ponderada do novo exame e a avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes