Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Control Estatístico da Calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B17 Se propondrá unha proba escrita tipo test sobre conceptos básicos estudados no curso. 40
Prácticas a través de TIC A17 A21 A23 A25 B2 B21 C12 C13 C14 C15 Realizaranse prácticas con paquetes estatisticos. 60
 
Observacións avaliación


Primeira oportunidade:


Solicitarase a entrega de dous traballos relacionados coa aplicación de ferramentas con Control Estatístico de Calidade a datos reais ou simulados mediante o software estatístico R (a avaliación destes traballos se corresponderá cun 60% da nota global), seguindo as metodoloxías impartidas nas clases prácticas a través de TIC. O outro 40% da calificación global será avaliado mediante a entrega dun traballo final que poderá ser (1) de revisión e ampliación dos diversos temas impartidos na materia, ou (2) de programación en R de algunha metodoloxía do Control Estatístico da Calidade, ou (3) da aplicación práctica dos coñecementos impartidos a un caso de estudo real ou simulado, ou mesmo (4) un traballo de análise de bibliografía (artigos de referencia relacionados coa materia) ou software vinculado a este eido da estatística. O alumno que non presente o traballo anteriormente mencionado, poderá, alternativamente, presentarse ao examen final (proba tipo test de entre 15 e 20 preguntas).

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir ás clases, será avaliado nas dúas oportunidades como o resto de alumnado que se atopa nunha situación similar. 

Segunda oportunidade:

Se aplicará o mesmo procedemento de avaliación que na primeira oportunidade.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes