Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 A adquisición dos coñecementos de estatística e investigación operativa necesarios para a incorporación en equipos multidisciplinares pertencentes a diferentes sectores profesionais.
  AM2 Capacidade para comprender, formular, formular e resolver aqueles problemas susceptibles de ser abordados a través de modelos da estatística e da investigación operativa.
  AM3 Coñecer as aplicacións dos modelos da estatística e a investigación operativa.
  AM4 Coñecer algoritmos de resolución dos problemas e manexar o software axeitado.
  AM5 Modelar a dependencia entre unha variable resposta (dependente) e varias variables explicativas (independentes).
  AM6 Realizar inferencias respecto aos parámetros que aparecen no modelo.
  AM7 Tratamento de datos e análise estatística dos resultados obtidos.
  AM8 Capacidade de identificar e resolver problemas que requiran o uso de técnicas da análise de series de tempo.
  AM9 Obter os coñecementos precisos para unha análise crítica e rigorosa dos resultados.
  AM10 Complementar a aprendizaxe dos aspectos metodolóxicos con apoio de software.
  AM11 Adquirir destrezas na formulación e resolución de problemas cuantitativos.
  AM12 O estudante será capaz de comprender a importancia da Inferencia Estatística como ferramenta de obtención de información sobre a poboación en estudo, a partir do conxunto de datos observados dunha mostra representativa desta. Para iso deberá recoñecer a diferenza entre estatística paramétrica e non paramétrica.
  AM13 Ser capaz de manexar diverso software (en particular R) e interpretar os resultados que proporcionan estes nos correspondentes estudos prácticos.
  AM14 Soltura no manexo da teoría da probabilidade e as variables aleatorias.
  AM15 Fomentar a sensibilidade cara aos principios do pensamento científico, favorecendo as actitudes asociadas ao desenvolvemento dos métodos matemáticos, como: o cuestionamento das ideas intuitivas, a análise crítica das afirmacións, a capacidade de análise e síntese ou a toma de decisións racionais.
  AM16 CE1 - Coñecer, identificar, modelar, estudar e resolver problemas complexos de estatística e investigación operativa, nun contexto científico, tecnolóxico ou profesional, xurdidos en aplicacións reais.
  AM17 CE2 – Desenvolver autonomía para a resolución práctica de problemas complexos surdidos en aplicación reais e para a interpretación dos resultados cara á axuda na toma de decisións.
  AM18 CE3 - Adquirir coñecementos avanzados dos fundamentos teóricos subxacentes ás distintas metodoloxías da estatística e a investigación operativa, que permitan o seu desenvolvemento profesional especializado.
  AM19 CE4 - Adquirir as destrezas necesarias no manexo teórico-práctico da teoría de probabilidade e as variables aleatorias que permitan o seu desenvolvemento profesional no eido científico/académico, tecnolóxico ou profesional especializado e multidisciplinar.
  AM20 CE5 - Profundizar no coñecemento dos fundamentos teórico-prácticos especializados de modelado e estudo de distintos tipos de relacións de dependencia entre variables estatísticas.
  AM21 CE6 - Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados de distintas técnicas matemáticas, orientadas específicamente á axuda na toma de decisións, e desenvolver a capacidade de reflexión para avaliar e decidir entre distintas perspectivas en contextos complexos.
  AM22 CE7 - Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados de distintas técnicas de optimización matemática, tanto en contextos unipersoais como multipersoais, e saber aplicalos con autonomía suficiente nun contexto científico, tecnolóxico ou profesional.
  AM23 CE8 - Adquirir coñecementos teórico-prácticos avanzados das técnicas destinadas á realización de inferencias e contrastes relativos a variables e parámetros dun modelo estatístico, e saber aplicalos con autonomía suficiente nun contexto científico, tecnolóxico ou profesional.
  AM24 CE9 - Coñecer e saber aplicar con autonomía en contextos científicos, tecnolóxicos ou profesionais, técnicas de aprendizaxe automático e técnicas de análise de datos de alta dimensión (big data).
  AM25 CE10 - Adquirir coñecementos avanzados sobre metodoloxías para a obtención e o tratamento de datos derivados de distintas fuentes, como enquisas, internet, ou entornos “na nube".
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BP2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BP3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BP4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BP5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BP6 Capacidade para iniciar a investigación e para participar en proxectos de investigación que poden culminar na elaboración dunha tese doutoral.
  BP7 Capacidade de aplicación de algoritmos de resolución dos problemas e manexo do software axeitado
  BP8 Capacidade de traballo en equipo e de forma autónoma
  BP9 Capacidade de formular problemas en termos estatísticos, e de resolvelos utilizando as técnicas axeitadas
  BP10 Capacidade de identificar e resolver problemas
  BP11 Capacidade de integrarse nun equipo multidisciplinar para a análise experimental
  BP12 Adquirir destreza para o desenvolvemento de software
  BP13 Capacidade de análise estatística crítica das mostras, as formulacións e resultados
  BP14 Redacción de informes estatísticos con precisión, orde e claridade
  BP15 Representar un problema real mediante un modelizado estatístico axeitado
  BP16 Deseñar un plan de observación ou recollida de datos que permita abordar o problema de interese.
  BP17 CG1 - Coñecer, comprender e saber aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías na estatística e a investigación operativa en contextos científico/académicos, tecnolóxicos ou profesionais especializados e multidisciplinares, así como adquirir as destrezas e competencias descritas nos objectivos generales do título.
  BP18 CG2 - Desenvolver autonomía para identificar, modelar e resolver problemas complexos da estatística e da investigación operativa en contextos científico/académicos, tecnolóxicos ou profesionais especializados e multidisciplinares.
  BP19 CG3 - Desenvolver a capacidade para realizar estudos e tarefas de investigación e transmitir os resultados a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
  BP20 CG4 - Integrar coñecementos avanzados e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
  BP21 CG5 - Desenvolver a capacidade de aplicación de algoritmos e técnicas de resolución de problemas complexos no eido da estatística e a investigación operativa, manexando o software especializado axeitado.
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1 Ser capaz de identificar un problema da vida real.
  CP2 Dominar a terminoloxía científica-metodolóxica para comprender e interactuar con outros profesionais.
  CP3 Habilidade para traballar os aspectos metodolóxicos da investigación en colaboración con outros colegas a través do Campus Virtual co foro.
  CP4 Habilidade para realizar a análise estatística con ordenador.
  CP5 Escoller o deseño máis axeitado para responder á pregunta de investigación.
  CP6 Utilizar as técnicas estatísticas máis axeitadas para analizar os datos dunha investigación.
  CP7 Planificar, analizar e interpretar os resultados dunha investigación considerando tanto os aspectos teóricos coma os metodolóxicos.
  CP8 Habilidade de xestión administrativa do proceso dunha investigación.
  CP9 Comunicación e difusión dos resultados das investigacións.
  CP10 Lectura con xuízo crítico de artigos científicos dende unha perspectiva metodolóxica.
  CP11 CT1 - Desenvolver firmes capacidades de razoamento, análise crítica e autocrítica, así como de argumentación e de síntese, contextos especializados e multidisciplinais.
  CP12 CT2 - Desenvolver destrezas avanzadas no manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), tanto para a obtención de información como para a difusión do coñecemento, nun ámbito científico/académico, tecnolóxico ou profesional especializado e multidisciplinar.
  CP13 CT3 - Ser capaz de resolver problemas complexos en novos escenarios mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
  CP14 CT4 - Desenvolver unha sólida capacidade de organización e planificación do estudo, asumindo a responsabilidade do seu propio desenvovemento profesional, para a realización de traballos en equipo e de xeito autónomo.
  CP15 CT5 - Desenvolver capacidades para o aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinais, nos ámbitos científico/académico, tecnolóxico e profesional.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes