Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Planificación estratéxica de sistemas de información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación estratéxica de sistemas de información Código 614502001
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Pedreira Fernández, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
Profesorado
Pedreira Fernández, Oscar
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
oscar.pedreira@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia de Planificación Estratéxica de Sistemas de Información ten como foco o Sistema de Información da Empresa/Organización concibido como un todo interrelacionado. Explícanse os distintos tipos de Sistemas que empregan as Empresas e a relación existente entre estes, establecendo un marco de Arquitectura dos Sistemas de Información que permita un desenvolvemento e evolución destes controlado. Faise fincapé na importancia dos estándares e na xestión dos recursos da información como un activo máis da empresa. Estúdanse marcos para o goberno dos sistemas e tecnoloxías da información nas organizacións, cun énfase especial na planificación estratéxica dos sistemas de información e do seu aliñamento coa estratexia xeral da organización. É moi relevante a participación na docencia de profesionais de empresas de primeiro nivel que explican a súa experiencia en Sectores de Negocio concretos: Financeiro, Telco, Agropecuario, Organismos Públicos etc.., así como a posibilidade de orientarse cara a solucións integradas de mercado como é o caso dos ERP.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións sustanciais sobre o contido da materia, máis alá de adaptacións puntuais. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías docentes previstas. No caso de pasar a un modelo de docencia en remoto, estas metodoloxías desenvolveranse a través de medios telemáticos. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención ao alumnado realizarase a través das ferramentas de traaballo online proporcionadas pola Universidade da Coruña. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Manteranse as porcentaxes consideradas inicialmente nesta guía docente de cara á avaliación. En caso de pasar a un modelo de docencia e avaliación en remoto, as actividades de avaliación desenvolveranse online utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade da Coruña. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifican os recursos e/ou bibliografía empregados na materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes