Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Dirección de proxectos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dirección de proxectos Código 614502002
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Matemáticas
Coordinación
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
Correo electrónico
luisa.carpente@udc.es
Profesorado
Carpente Rodriguez, Maria Luisa
Pedreira Fernández, Oscar
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
luisa.carpente@udc.es
oscar.pedreira@udc.es
fernando.silva@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Dirección de Proxectos presenta ao alumno un marco práctico para o desenvolvemento profesional na dirección de proxectos de propósito xeral. O foco non son simplemente os proxectos de desenvolvemento de software, aínda que estes representen unha parte moi importante. O desenvolvemento da materia abrangue tanto o concepto de proxecto individual coma o de carteira de proxectos. O marco de referencia é o PMBOK editado por Project Management Institute. Ao longo da materia explícanse as áreas de coñecemento nas que o PMBOK divide a Dirección de Proxectos, utilizando un dobre enfoque: por áreas e por procesos. Unha parte importante da materia é a participación de profesionais de empresas de recoñecido prestixio que colaboran na docencia presentando casos reais do máximo interese en distintos ámbitos de aplicación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións sustanciais sobre o contido da materia, máis alá de adaptacións puntuais. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías docentes previstas. No caso de pasar a un modelo de docencia en remoto, estas metodoloxías desenvolveranse a través de medios telemáticos. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención ao alumnado realizarase a través das ferramentas de traaballo online proporcionadas pola Universidade da Coruña. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Manteranse as porcentaxes consideradas inicialmente nesta guía docente de cara á avaliación. En caso de pasar a un modelo de docencia e avaliación en remoto, as actividades de avaliación desenvolveranse online utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade da Coruña. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifican os recursos e/ou bibliografía empregados na materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes