Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
 Asignaturas
  Prácticas en empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas en empresa Código 614502011
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Matemáticas
Coordinación
Pedreira Souto, Maria de las Nieves
Correo electrónico
nieves.pedreira@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Fernández Iglesias, Diego
López Taboada, Guillermo
Parapar López, Javier
Pedreira Souto, Maria de las Nieves
Pérez Sánchez, Beatriz
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
diego.fernandez@udc.es
guillermo.lopez.taboada@udc.es
javier.parapar@udc.es
nieves.pedreira@udc.es
beatriz.perezs@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
Web http://https://wiki.fic.udc.es/muei_faq/#pe
Descrición xeral A materia de PE cursase no terceiro cuadrimestre (Q3), que corresponde ao primeiro cuadrimestre do segundo curso. O seu obxectivo é completar a formación do mestrado con estancias nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do MUEI que realicen tarefas que podan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inicianse desde finais do curso previo. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor profesional do estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor académico que supervisará que o estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor profesional e do estudante, e que avaliará o realizado polo estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os titores da PE definan o alcance do traballo a realizar polo estudante. A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE e impide que se desenvolvan no marco do traballo habitual dos grupos de investigación da propia universidade, salvo que se ofreza a través do servizo de emprego da UDC. Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC: 1) Que ao estudante queden como máximo para finalizar os seus estudos 66 créditos, incluindo os correspondentes aos complementos formativos, se tivese que cursalos. 2) Que superase ou que se atope matriculado nas restantes materias, incluindo tamén os complementos formativos se os tiver, agás, se cadra, o TFM. En todo caso, se un estudante está a traballar nunha empresa cabe a posibilidade de desenvolver a materia PE compaxinándoa co seu traballo, previa autorización da vicerreitoría de Estudantes e, por suposto, sinatura do convenio. Os créditos de PE poden ser recoñecidos se se acreditan dous anos de experiencia profesional (0,5 ECTS/mes) Os titores que aparecen na presente guía corresponden ao curso pasado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións nos contidos, xa que os estudantes deben incorporarse a unha empresa e participar nas súas actividades. No caso de que a empresa decida que o traballo debe realizarse e supervisarse de maneira online, os alumnos deberán adaptarse. Se a empresa decide paralizar as prácticas, os alumnos deberán acollerse a algunha das medidas qeu estableza a UDC para dita situación. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Sen cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os titores académicos poderán realizar a atención personaliza a través das canles telemáticas que a UDC pon á súa disposición: correo electrónico, Teams, Moodle... 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non procede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes