Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Subjects
  Development of mobile GIS applications
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A2 A3 A4 B5 B7 B8 C2 Constará dunha proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Speaking test A2 A3 A4 A6 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C6 Constará dunha defensa oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante os traballos tutelados. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Supervised projects A2 A3 A4 B1 B5 B7 B8 C2 C4 C5 C7 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega dos traballos no prazo establecido. Os traballos pódense repetir na segunda oportunidade. 60
 
Assessment comments

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é obrigatorio unha nota mínima:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba práctica.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) na proba oral.

De non obter a nota mínima nalgunha das dúas probas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada
unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados
    (60% da nota final), proba práctica (20%) e proba oral (20%):
    realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira
    oportunidade.
  • En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 1 sobre 2 na proba práctica, e de 1 sobre 2 na proba oral.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de dúas probas:
  • Proba
    práctica (50%), recollendo coñecementos e competencias adquiridos
    durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.
  • Proba
    oral (50%), onde o estudante deberá realizar unha exposición oral onde
    mostre unha aplicación móbil creada por el mesmo, na que se contemplen
    todos os coñecementos e competencias adquiridos na materia.


DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as
dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega
dos traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes