Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Subjects
  Final Year Dissertation
   Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 CE3 - Aprender a deseñar bases de datos e a realizar un modelado conceptual da información
A5 CE5 - Realizar modelado conceptual (obxectos, campos e redes), modelado lóxico (vectores, ráster e grafos), arquiteturas SIX, indexación espacial e modelado da información espazo-temporal
A6 CE6 - Coñecer os conceptos básicos de procesamiento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferentes software comerciais
A7 CE7 - Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web
A8 CE8 - Coñecer os fundamentos da interoperabilidade e infraestruturas de datos espaciais, software e fontes de datos existentes, así como aplicacións en infraestruturas de transporte, minería, enxeñería forestal, xestión de residuos, plan urbanístico, xestión ambiental e xestión do medio mariño
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados ca súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B6 CG1 - Adquirir coñecemento en tecnoloxías da información
B7 CG2 - Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñería cartográfica
B8 CG3 - Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas
B9 CG4 - Adquirir o coñecemento para desenvolver bases de datos xeoespaciais, aplicar e desenvolver xeoprocesos dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas de xeovisualización de datos
B10 CG5 - Coñecer e ser capaces de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a pesquisa bibliográfica, a toma de dato,s e o análise e interpretación dos mesmos, e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa
C4 CT4 - Concebir a Xeoinformática como unha ferramienta de traballo transversal de aplicabilidade a multitud de sectores
C5 CT5 - Adquirir a capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C6 CT6 - Ter a capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
C7 CT7 - Desenvolver sensibilidade á sustentabilidade e compromiso ambiental, así coma o uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes