Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Introdución á programación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B8 C3 C6 Valorarase a participación do alumno así como a realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que poderán resolverse na clase ou na titoría. Non é necesario entregar todos os traballos para aprobar, aínda que sí para conseguir a máxima nota. 65
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). 35
 
Observacións avaliación

Non presentado

- Terá a condición de Non presentado (NP)
quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.

Traballos prácticos

- Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que sexan así calificados polo profesor.

- O retraso na entrega dos traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá recollida na planificación docente na páxina web.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha calificación de SUSPENSO na actividade, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.

Oportunidade adiantada de Decembro

- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Cualificación exame

Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.

Alumnos de segunda matrícula e posteriores

- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes