Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Introdución ás bases de datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. 50
Traballos tutelados A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Realización de traballos prácticos de maior entidade, que promovan a aprendizaxe autónoma dos estudantes. 20
Prácticas a través de TIC A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Actividades curtas a desenvolver na aula durante as sesións de prácticas. 20
Sesión maxistral A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Seguemento continuo e avaliación obxectivable da participación activa dos estudantes nas sesións maxistrais. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Observacións)

O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será
precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a
materia.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice
a proba escrita.




SEGUNDA OPORTUNIDADE (Observacións) 

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación
de cada unha das partes farase da seguinte forma:

- Proba mixta (60% da nota final): permitirá recuperar a nota da proba escrita da primeira oportunidade e a correspondente á avaliación   continua realizada durante as sesións maxistrais. Será preciso acadar unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) para superar a materia.
- Prácticas a través de TIC (20% da nota final): permitirá recuperar a nota das actividades prácticas.
- Traballos tutelados (20% da nota final): permitirá recuperar a nota dos traballos prácticos.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha
das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. 

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita.


DISPENSA ACADÉMICA  

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes
con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia
ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes