Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Métodos estatísticos avanzados en bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 Proba que constará de preguntas de tipo test con opcións múltiples e/ou con preguntas de breve resposta 65
Proba práctica B6 Caso práctico resolto polo estudiante 35
 
Observacións avaliación

Avaliación na primeira oportunidade

Poderá ser tido en
conta o seguimento obxetivable do
curso e a
participación activa pola parte do estudiante, reflectíndose na
calificación con ata un 20% da nota final. A porcentaxe restante
da calificación (entre 80% e 100%) dependerá da evaluación
da Proba mixta e da Proba páctica, e
calcularase reescalando se é preciso as porcentaxes que figuran na
táboa superior.

Para superar a materia é necesario acadar unha calificación total mínima de 50 puntos, sendo en

todo caso obligatoria a presentación á Proba mixta. Quen non se
presente á Proba mixta será calificado como 'non presentado'.

Avaliación na segunda oportunidade

Farase cos mesmos criterios da primeira oportunidade. O alumnado que houbera presentado a Proba práctica na primeira
oportunidade conservará a nota obtida na súa avaliación na primeira oportunidade.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir regularmente ás clases, será
evaluado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de 0 na convocatoria
correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes