Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Análise de imaxes biomédicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B2 B5 B6 Adecuación das solucións propostas ao problema. Calidade dos resultados obtidos. Comprensión das técnicas utilizadas. 30
Proba práctica A2 A6 Resolución correcta e en prazo dos exercicios prácticos propostos. 20
Prácticas de laboratorio A2 A6 B2 B7 C3 Adecuación das solucións propostas aos problemas. Calidade dos resultados obtidos. Comprensión das técnicas utilizadas. 20
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 C6 Proba escrita con cuestións teóricas e problemas prácticos a resolver. 30
 
Observacións avaliación
- Considerase superada a materia en calquera oportunidade se se obtén como mínimo o 50% da cualificación contando todos os apartados avaliados.

- Obterá a cualificación de non presentado/a nunha oportunidade quen non realice ningunha das probas suxeitas a avaliación.

- Os exercicios prácticos constitúen parte da avaliación continua polo que non se poderán recuperar na segunda oportunidade.

- Quen non supere a materia na primeira oportunidade poderá entregar na segunda oportunidade as prácticas de laboratorio e o proxecto de investigación non presentados na primeira oportunidade así como facer o exame.


DISPENSA ACADÉMICA

Para aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases teranse consideracións adecuadas á súa situación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes