Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos que conforman o marco teórico da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co obxectivo de transmitir coñecemento así como de estimular o razoamento crítico do estudante.
Traballos tutelados Realizaranse varios traballos relacionados cos bloques principais da materia: técnicas de aprendizaxe básicas, técnicas avanzadas e técnicas de selección e extracción de características. Consistirán en actividades de carácter práctico a través das cales se expoñen situacións que requiren ao estudante identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, aplicar as técnicas vistas en clase, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. Inclúe sesións periódicas co profesor para o seguimento.
Prácticas de laboratorio Actividade que permitirá aos estudantes familiarizarse coas ferramentas, plataformas e conxuntos de datos máis comúns no ámbito da aprendizaxe computacional na bioinformática. O obxectivo é que apliquen e asimilen efectivamente os contidos teóricos a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios, experimentos, simulacións e investigacións.
Presentación oral Ao finalizar cada práctica e traballo tutelado os estudantes deben preparar unha sinxela presentación cos principais resultados, conclusións e achegas e expor o traballo realizado na aula.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada como actividade para a avaliación individual da aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes