Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A6 B2 C3 Prácticas en grupo de realización OBRIGATORIA que abordarán cada un dos temas da materia.
Son OBRIGATORIAS para poder aprobar e inflúen na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúan á marxe deste.
0
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 C3 C6 Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e contínua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do estudante.

As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso.

Dada a relación direita co contido das prácticas a nota deste apartado inclúe a avaliación das mesmas.
Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 5 neste apartado.
95
Presentación oral B3 C1 C6 Periodicamente establécense sesións de presentación e discusión dos detalles dos traballos tutelados (e as prácticas), os resultados obtidos e as conclusións extraídas.

É OBRIGATORIA para poder aprobar e inflúe na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúa á marxe deste.

0
Proba obxectiva A2 A3 A4 A6 B2 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe de todos ou algúns dos temas da materia.
Poderán realizarse varias probas o longo do curso co fin de facer unha avaliación continua.
5
 
Observacións avaliación
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA

- A entrega das prácticas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, así como a
asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a
asignatura.

- Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se participa en máis do 50% das actividades de avaliación.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos
traballos prácticos conlevará unha nota global de SUSPENSO  na convocatoria anual  tanto para o
estudante que presente material copiado como para quen o facilitase.

Matrícula a tempo parcial

- En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes