Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Intelixencia computacional para bioinformática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A6 B2 C3 Prácticas en grupo de realización OBRIGATORIA que abordarán cada un dos temas da materia.
Son OBRIGATORIAS para poder aprobar e inflúen na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúan á marxe deste.
0
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 C3 C6 Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e continua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do estudante.

As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso.

Dada a relación direita co contido das prácticas a nota deste apartado inclúe a avaliación das mesmas.
Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 5 neste apartado.
95
Presentación oral B3 C1 C6 Periodicamente establécense sesións de presentación e discusión dos detalles dos traballos tutelados (e as prácticas), os resultados obtidos e as conclusións extraídas.

É OBRIGATORIA para poder aprobar e inflúe na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúa á marxe deste.

0
Proba obxectiva A2 A3 A4 A6 B2 C1 C6 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe de todos ou algúns dos temas da materia.
Poderán realizarse varias probas o longo do curso co fin de facer unha avaliación continua.
5
 
Observacións avaliación
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA

A asistencia regular ás clases prácticas, a entrega das mesmas e a súa presentación nas datas e horarios indicados,  son condicións obrigatorias para aprobar a materia.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Non presentado

Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai
entrega dalgunha das actividades de avaliación.

Avaliación na segunda oportunidade

Dado que a superación da materia se centra na superación
dos traballos tutelados, para a segunda oportunidade só será posible reentregar
e presentar os traballos que recibisen a cualificación de SUSPENSO ou NON
PRESENTADO na primeira oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se
propoña a tal fin.

En canto aos criterios de
avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira.

Matrícula a tempo parcial

En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes