Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Redes Seguras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 A8 B2 B5 B6 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co deseño e implementación de Redes Seguras. Levarase a cabo unha defensa das prácticas para valorar o nivel de comprensión e o traballo desenvolvido polo alumno 45
Proba obxectiva A8 B2 B4 B6 B8 Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas 45
Traballos tutelados B4 B6 B8 Os traballos tutelados consistirán na realización de tarefas semanais de traballo individual relacionadas cunha temática proposta polos profesores 10
 
Observacións avaliación

Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva e nas prácticas. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Na primeira oportunidade, esta materia avaliarase de forma continua, mediante a valoración do traballo de prácticas e a realización dun traballo titorizado. 

A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a defensa de catro exercicios prácticos relacionados cos exercicios de laboratorio (a planificación das defensas indicarase na presentación da materia) e terá un peso total do 45% da nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en cada exercicio de defensa para poder supera-la materia nesta primeira oportunidade. 

O traballo titorizado centrarase nunha temática proposta por los profesores e será realizado polos alumnos ó longo das primeiras 10 semanas do cuatrimestre. Cada unha destas dez primeiras semanas, o profesor proporá unha tarefa a desenvolver que os alumnos deberán abordar satisfactoriamente para obter un 10% da nota do traballo titorizado. En caso de copia ou plaxio dalgunha destas tarefas o alumno será calificado cun 0 nesta actividade.

O 45% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade. Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final.

A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

O 45% da nota restante da segunda oportunidade poderase conseguir por medio da realización dunha proba obxectiva (examen), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, tituoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade da convocatoria inmediatamente anterior. Poderán conserva-la nota obtida en prácticas ou na proba obxectiva da convocatoria inmediatamente anterior, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final.

A avaliación das prácticas levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da convocatoria extraordinaria.

O 45% da nota restante poderá conseguirse por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes