Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B1 B2 B3 B7 C4 Realización e defensa das prácticas en computador, dentro das horas de prácticas e antes da data límite establecida. 40
Proba obxectiva A6 B1 B2 B3 B7 C4 Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno. 60
 
Observacións avaliación

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Os alumnos poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben de avaliación única. Entenderase que un alumno elixe avaliación continua ao defender a primeira das prácticas da materia. Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado".

1.a) Avaliación continua

Consiste na realización e defensa dunha serie prácticas de laboratorio, ao longo do período no que se imparte a materia, e na realización dunha proba obxectiva, cuxas características se describen máis arriba.

A cualificación será o resultado de aplicar a media ponderada entre os resultados: (i) Proba obxectiva (60%), e (ii) prácticas de laboratorio (40%).

1.b) Avaliación única

Consiste na realización dunha proba obxectiva, coas mesmas características da correspondente a avaliación continua. E, adicionalmente, outra proba escrita, que se realizará a continuación do anterior, sobre a parte práctica, e que terá o mesmo peso que esta parte na avaliación continua.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE

1.a) Avaliación continua

No caso de que o alumno seguira o modelo de avaliación continua na primeira oportunidade, pode decidir conservar nota de prácticas. Neste caso so terá que facer o exame relativo á parte de teoría (proba obxectiva). Ou pode decidir renunciar á nota de prácticas e avaliarse pola modalidade de avaliación única.

A nota de prácticas só se conserva durante o curso académico.

A nota do exame de teoría non se conserva.

No caso de que o alumno non seguira o modelo de avaliación continua na primeira oportunidade, debe acollerse ao modelo de avaliación única.

1.b) Avaliación única

Ten as mesmas características que a avaliación única da primeira oportunidade.

3. PLAXIO

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes