Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Xestión de Incidentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A14 A17 B2 B3 B10 Sesións prácticas en computador asociadas a escenarios de incidencias e manexo de ferramentas para ciberincidentes. O obxectivo é poñer en práctica os coñecementos das sesións maxistrais fomentando o aprendizaxe autónomo. A avaliación será contínua perante as sesións. NOTA: Será posible utilizar algunha das sesións presenciais para realizar algún taller dunha entidade colaboradora. 30
Traballos tutelados A3 A9 A14 A15 A17 B2 B3 B5 B6 B10 C4 Traballo a desenvolver polo alumno sobre algunha das temáticas da materia a proposta do propio estudante ou do profesor. Este traballo terá seguimento por parte do profesorado e o estudante fará unha breve defensa presencial do mesmo. 20
Proba obxectiva A3 A9 A14 A15 A17 B2 B3 B5 B6 B10 C4 Proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Aínda que se centrará no material da docencia expositiva, poderá incorporar algunhas cuestións relacionadas coas sesións prácticas. 50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, será preciso obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto na proba obxectiva como nos traballos prácticos. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter será de 4.5. A nota obtida na avaliación continúa de prácticas e traballo tutelado conservarase durante todo o curso académico.

FORMA DE TRABALLO
Tanto as prácticas de laboratorio como os traballos tutelados serán realizados en grupo, os tamaños dos grupos serán impostos polo profesorado mentres que os integrantes dos mesmos serán de libre elección.

DATAS DE ENTREGA:
i) Prácticas de laboratorio: as memorias das prácticas de laboratorio serán entregadas na plataforma virtual de docencia antes de finalizar o período de clases e con tempo suficiente para ser avaliadas polos profesores antes do comezo do período de exames. O número de entregas será  proposto a través de plataforma virtual de docencia.
ii) Traballos tutelados: deberán ser entregado con anterioridade  á útlima sesión práctica, a cal será utilizada para facer as exposición dos mesmos. A data final de entrega será proposta a través da plataforma virtual de docencia.

ESTUDANTES QUE NON PARTICIPARON NA EVALUACIÓN CONTÍNUA DE PRÁCTICAS E TRABALLOS TUTELADOS:

i) Cando o estudante se presente na convocatoria de primeira oportunidade, a súa nota será de 0 en ambas metodoloxías.

ii) Cando o estudante se presente na convocatoria de segunda oportunidade ou convocatoria extraordinaria, sen participar no proceso de avaliación continuada, a través destas metodoloxías, poderá realizar de forma individual as prácticas co material dispoñible, na plataforma virtual de docencia en mediante a solicitude de titorías cos profesores da materia. Tamén de forma individual, o estudiante concretará con profesor a data do exame de prácticas, que neste caso, será imprescindible.

ESTUDANTES QUE NON PARTICIPARON NA PROBA OBXECTIVA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Participaran ou non no proceso de avaliación continuada de prácticas e traballo tutelado, a súa ucalificación será de "Non Presentado".

PLAXIO: No caso de detectar plaxio en calquera das probas ou materiais entregados, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado a dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes