Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Virtual)
 Asignaturas
  Taller de Proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 Entrega e defensa dos traballos académicamente dirixidos. 90
Análise de fontes documentais A8 B1 B3 B5 C2 C4 C5 Durante o cuadrimestre, os profesores farán un seguimento da participación activa dos alumnos. 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (ordinaria - maio):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: 10% da nota final

Segunda oportunidade (extraordinaria - xullo):
· Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: será necesario presentar os traballos academicamente dirixidos que non se presentaron na convocatoria ordinaria, e volveranse a presentar, tras as modificacións oportunas indicadas polos profesores, aqueles que non recibisen unha cualificación mínima necesaria para aprobar na devandita convocatoria. 90% da nota final
· Seguimento continuado e obxetivable dunha participación activa: o alumno conservará a nota obtida neste apartado na convocatoria ordinaria, xa que para a convocatoria extraordinaria non se planifican novas actividades. 10% da nota final

Non presentado:
Considerarase non presentado o alumno que non entregase ningún dos traballos tutelados e non participase nas actividades propostas.

Durante os procesos de avaliación os profesores poden solicitar aos estudantes que se identifiquen pedindo a presentación do DNI ou pasaporte, ou facendo os controis previos ou posteriores que consideren oportunos. A aqueles alumnos que presenten traballos ou realicen probas de avaliación de forma non presencial, poderáselles solicitar tamén a firma dixital dos mesmos e/ou unha declaración xurada sobre a autoría dos mesmos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes