Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións de teoría, o profesor describe os obxectivos e os contidos da materia, para dar unha visión particular do tema a tratar e relacionalo con outros dentro da asignatura
Despois desenvólvese o tema correspondente na forma de sesión maxistral, axudándose das ferramentas técnicas dispoñibles, facendo fincapé en certas cuestións nas que o alumno debe profundar no seu autoaprendizaxe.
O obxectivo é que o alumno aprenda a algoritmizar, utilizar as estruturas básicas de datos e resolver sinxelos problemas de programación. Utilizarase como linguaxe de codificación o C
As sesión maxistrais poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS. Tamen se poden incluir videos explicativos de diferentes partes dos contidos teóricos
Prácticas de laboratorio Nas sesións de prácticas o alumno realizará programas en papel para despois codificalo en Linguaxe C, compilalo, executalo e comprobar o seu nivel de corrección.

Os enunciados dos programas proporcionaranse coa suficiente antelación para que os alumnos poidan aproveitar mellor o seu tempo.

É misión do profesor supervisar o código xerado polo alumno para resolver dúbidas, corrixir malos estilos de programación e corrixir erros, contando con que o profesor non é un compilador que busca erros.
Seminario Nas sesións de seminario realizaranse exercicios e prácticas coa finalidade de detectar nos alumnos lagoas de coñecemento na materia impartida ata ese momento, e dar as explicacións e/ou referencias necesarias para enmendalas
As sesión de seminarios para resolver dúbidas poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes