Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Informática Básica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Estímase que entre o alumnado pode haber diferencias notables en canto aos seu coñecementos sobre contidos específicos da materia, polo que se desenvolverá unha atención personalizada tanto en clase de prácticas como nas de teoría.

Durante as clases os alumnos/as poderán presentar cuestións, dúbidas, etc. O profesor/a, atendendo a estas solicitudes, repasará conceptos, resolverá novos problemas ou utilizará calquera actividade que considere axeitada para resolver as cuestións plantexadas.

Para as titorías, xa inicialmente configuradas en modalidade “non presencial” polo centro, pedirase aos/ás estudantes dun grupo en particular, que soliciten cita aos/ás profesores/as responsables do grupo, para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes