Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 B3 C7 O exame da materia avaliará os seguintes aspectos: Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. Asimilación práctica de materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 60
Prácticas de laboratorio A4 C2 C3 Os alumnos/as deberán entregar ao longo do curso varias prácticas. 40
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as deberán obter como mínimo o 40% da nota máxima na proba mixta. En caso contrario, non superarán a asignatura aínda que a súa nota final (incluíndo prácticas e proba mixta) sexa superior ao 50% da máxima nota.

Primeira oportunidade: Os/as alumnos/as que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen
algunha das probas avaliables correspondentes ás "prácticas de
laboratorio" (por exemplo, os/as que non asistan a clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade.

Segunda oportunidade: Durante a segunda
oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta.

Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial:
De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre non puidesen
asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das
probas avaliables como "prácticas de laboratorio", e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de facilitarlles o cambio de data da proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes