Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 B3 C7 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE será OBRIGATORIO superar unha proba escrita que suporá o 60% do global da nota.
Para superar dita proba mixta, cómpre conseguir como mínimo 2.4 puntos sobre 6 (é dicir, o 40% da nota máxima da Proba Mixta).

- Puntuación máxima: 6.0 puntos
- Nota mínima: 2.4 (sobre 6.0)
60
Prácticas de laboratorio A4 C2 C3 Realizaranse varias prácticas ao longo do curso que serán avaliadas.

- Puntuación máxima: 4.0 puntos
- Nota mínima: non requerida
40
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as deberán conseguir como mínimo un 5 sobre 10 ao sumar as súas notas correspondentes á proba mixta e ás prácticas de labotarorio. 


Será ademáis obrigatorio, obter como mínimo o 40% da nota máxima na proba mixta. En caso contrario, non se superará a asignatura aínda que a nota final do/a estudiante (incluíndo prácticas e proba mixta) sexa >=5. Neste caso, a nota máxima GLOBAL na materia será como máximo 4.9 e, polo tanto, a materia considerarase SUSPENSA. 

- Primeira oportunidade
  • Proba mixta: [60%]: Carácter obrigatorio: Ademais do exame final, este ano considérase a realización de probas mixtas parciais asociadas aos contidos de cada bloque/tema da materia. Os/as estudantes que superen a proba mixta “por parciais” (alomenos 2.4 puntos sobre 6 posibles) non realizarán o exame final (proba mixta) nesta primeira oportunidade. 
  • Prácticas de laboratorio: [40%]: Carácter opcional: Os/as estudantes que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen algunha das probas avaliables correspondentes ás "prácticas de laboratorio" (por exemplo, os/as que non asistan a clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade. 
- Segunda oportunidade: Durante a segunda oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta. 
  • Proba mixta: [60%]: é obrigatoria a súa realización. Non se garda a nota da primeira oportunidade. 
  • Prácticas de laboratorio: [40%]: Consérvanse as cualificacións da primeira oportunidade, pero é posible realizar un exame de prácticas opcional (asociado á proba mixta) para recuperar a máxima nota (isto supón renunciar á nota “de prácticas” acadada na primeira oportunidade). 
- Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre non puidesen asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das probas avaliables ("prácticas de laboratorio" e/ou“probas mixtas parciais”), e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de facilitarlles o cambio de data da proba.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes