Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 Realizaranse ata 4 probas de avaliación durante as clases de laboratorio que supoñerán o 40% da nota final.
Só os alumnos matriculados a tempo parcial que non fosen avaliados da parte de prácticas de laboratorio poderán realizar unha proba específica para recuperar o 40% da nota correspondente a esta parte.

40
Seminario A1 B3 Ao longo do curso realizaranse dous probas tipo test cunha cualificación máxima, cada unha delas, do 10% da nota. Aqueles alumnos que non alcancen a cualificación máxima nestas probas escritas poderán recuperar a parte restante ao realizar a proba mixta.

Eventualmente e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 20% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
20
Proba obxectiva A1 B3 O exame final, cun valor entre o 40 e o 60% (dependendo da cualificación obtida na parte dos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. 40
Sesión maxistral A1 B3 Non se realizarán probas de avaliación durante as clases maxistrais. 0
 
Observacións avaliación

O alumno acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá través de dous controis escritos (10% cada un) e das probas de avaliación das prácticas de laboratorio (40%). 

Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumno realizará, por escrito, o exame final da materia. A nota obtida no exame final se reescalará de forma que o alumno teña a oportunidade de recuperar a parte perdida do 20% da cualificación correspondente aos controis escritos realizados durante os seminarios. Non se poderá recuperar a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. Desta maneira, a nota máxima do exame final estará comprendida entre 4 e 6 puntos sobre 10.
 

A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares. 

 Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá:
 

a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de seis puntos,

b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de catro puntos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes