Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral Ao longo do curso realizarase una proba escrita cunha cualificación cun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final.

Eventualmente e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
10
Proba obxectiva O exame final, cun valor entre o 40 e o 60% (dependendo da cualificación obtida na parte dos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. 40
Seminario Ao longo do curso realizarase unha proba tipo test cunha cualificación máxima do 10% da nota. Aqueles alumnos que non alcancen a cualificación máxima nesta proba escrita poderán recuperar a parte restante ao realizar a proba mixta.

Eventualmente e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
10
Prácticas de laboratorio Realizaranse ata 4 probas de avaliación durante as clases de laboratorio que supoñerán o 40% da nota final.
Só os alumnos matriculados a tempo parcial que non fosen avaliados da parte de prácticas de laboratorio poderán realizar unha proba específica para recuperar o 40% da nota correspondente a esta parte.

40
 
Observacións avaliación

O alumno acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá a través de dous controis escritos, un nas sesións maxistrais y o outro nos seminarios (cun peso dun 10% cada un) e das probas de avaliación das prácticas de laboratorio (40%). 

Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumno realizará, por escrito, o exame final da materia. A nota obtida no exame final se reescalará de forma que o alumno teña a oportunidade de recuperar a parte perdida do 20% da cualificación correspondente aos devanditos controis escritos. Non se poderá recuperar a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. Desta maneira, a nota máxima do exame final estará comprendida entre 4 e 6 puntos sobre 10.
 

A proba final correspondente á segunda oportunidade (xuño ou xullo de 2022)  rexerase polos mesmos principios que a da primeira oportunidade, non podéndose recuperar a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. 

A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares. 

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá:  

a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de seis puntos,

b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de catro puntos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes