Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Matemática Discreta
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Matemática Discreta Código 614G01004
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Perez Vega, Gilberto
Correo electrónico
gilberto.pvega@udc.es
Profesorado
Aguado Martin, Maria Felicidad
Costoya Ramos, Maria Cristina
Doncel Juarez, Jose Luis
Martín Aláez, Pedro
Perez Vega, Gilberto
Souto Salorio, Maria Jose
Vidal Martin, Concepcion
Vieites Rodriguez, Ana Maria
Correo electrónico
felicidad.aguado@udc.es
cristina.costoya@udc.es
jose.luis.doncel@udc.es
pedro.malaez@udc.es
gilberto.pvega@udc.es
maria.souto.salorio@udc.es
concepcion.vidalm@udc.es
ana.vieites@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Matemática Discreta é unha materia cuatrimestral que se imparte no primeiro semestre do primeiro curso do grao en Enxeñaría Informática, corresponde ao módulo de Formación Básica. Nesta materia débense adquirir os hábitos de abstracción e rigor esenciais para calquera profesional da informática. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenvolvemento doutras materias; por exemplo, en álxebra, algoritmos, seguridade informática, bases de datos, fundamentos informáticos, proxectos e xestión da calidade ... A natureza dos estudos e as necesidades de formación dos estudantes do Grao en Informática aconsellan un enfoque computacional desta materia, polo tanto, farase especial fincapé nos conceptos de matemática discreta que se usan na teoría da computadora, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións nos contidos salvo que non se dispoña do tempo suficiente para unha adecuada exposición dos mesmos e/ou para traballar nos boletíns de exercicios. Neste caso o alumnado será informado a través das plataformas oficiais (Moodle, Teams). 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral: A través das plataformas virtuais da Universidade, o alumnado segue recibindo as notas elaboradas para ás clases teóricas presenciais de cada tema. - Prácticas de laboratorio: A través das plataformas virtuais da Universidade, o alumnado dispón do boletín de exercicios propostos. - Seminarios: Mediante a plataforma Teams, o alumnado poderá formular as súas dúbidas ó profesor, sobre os conceptos teóricos e a resolución dos exercicios. * Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral: Haberá clases asíncronas e clases síncronas. Nas primeiras usaremos Moodle para que o alumnado teña acceso a vídeos explicativos sobre diversos conceptos e resultados da materia, seguidos de documentos con máis exemplos favorecendo que o estudante poda traballar de manera autónoma. Nas clases síncronas faremos uso das vídeo-conferencias a través da plataforma Teams. Con este modelo de clase invertida, é especialmente importante recalcar ao estudante a necesidade de preparar pola súa conta as clases asíncronas antes da súa asistencia ás clases síncronas. - Prácticas de laboratorio: Haberá clases prácticas síncronas e asíncronas a través da plataforma Teams. O alumnado terá acceso ós vídeos correspondentes. Incluiránse as solucións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Cada grupo de prácticas terá atención semanal a través da plataforma virtual Teams. Asemesmo o profesor poderá programar sesións de tutorías co alumnado de cara á resolver dúbidas de carácter individual ou grupal. 4. Modificacións na avaliación: * Observacións de avaliación: Tendo en conta as circunstancias do momento, as prácticas terán unha puntuación máxima do 30% e a proba obxectiva puntuará o restante. Esta última realizarase en dúas partes: unha delas contará o 40% da nota final, e a outra o resto. Para aprobar á asignatura o estudante deberá obter 5 puntos ou máis como nota total e, ademáis, na proba obxectiva o estudante debe alcanzar a lo menos o 40% do seu peso. Os estudantes que non superen a primeira oportunidade, terán que presentarse a unha soa proba para recupera-lo porcentaxe da nota final correspondente á suma das dúas probas realizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Existen versións pdf en liña, aínda que sexa de edicións anteriores ás que aparecen na bibliografía, da maioría das obras que forman a bibliografía básica. Se añaden: - Diestel, R. Graph Theory. Fourth Edition 2010, Springer-Verlag, Graduate Texts in Mathematics, Volume 173. (http://diestel-graph-theory.com/basic.html) (Capítulos 1, 3, y 10). - Bogart, Kenneth. Combinatorics through guided discovery. Dartmouth College, 2004.(https://open.umn.edu/opentextbooks/textbooks/combinatorics-through-guided-discovery) Para algúns títulos existirá a posibilidade de acceso electrónico. O alumnado deberá consultar o catálogo da biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes