Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Matemática Discreta
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A1 B1 B3 B7 C6 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada.

Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas.
20
Proba obxectiva A1 A3 B3 B1 C1 Ao final do curso haberá unha proba escrita. Esta proba inclúe:

- Preguntas curtas que permiten avaliar se o estudante comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade similar aos realizados na clase e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos.

Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión deles e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

Para aprobar o curso é necesario obter máis de 3,2 puntos dos 8 posibles na proba escrita.

A presentación á proba final do curso supón que o/a estudante rematou o proceso de avaliación continua.
80
 
Observacións avaliación

Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: 

Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustarase as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: 

Dependendo das particularidades de cada caso e as posibilidades do profesorado, axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.

Na oportunidade adiantada a decembro: 

O exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes