Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B1 B3 C6 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas TITORÍAS EN GRUPOS REDUCIDOS.

O resultado da actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final.

A cualificación deste apartado só se sumará á obtida nas outras probas cando a materia estea superada.
10
Prácticas de laboratorio A4 B1 B3 C3 C6 Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica.

É necesario presentar todas as prácticas e aprobalas cunha nota mínima global de 4,5 sobre 10.

O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO NA CONVOCATORIA ANUAL, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase.
40
Proba obxectiva A3 A4 B1 B3 Realización obrigatoria. Implica un tratamento global dos contidos abordados o longo da materia. Será eminentemente práctico para que o alumnado poida demostrar que adquiriu os coñecementos necesarios de abstracción e deseño, implementación e uso de TADs e adestrouse o suficiente nas habilidades requeridas pola materia.

Necesario obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 para superar a materia.
60
 
Observacións avaliación

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en
grupo.

 

Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as
prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo
realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas
de autoría do mesmo.

Non presentado

Terá a condición de “Non presentado” (NP) quen
non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación ou quen non
entregue algunha das prácticas obrigatorias.

Avaliación na segunda oportunidade

A nota
global das prácticas así como do bloque de “Solución de Problemas” manterase
para a segunda oportunidade.

Soamente
as prácticas calificadas con SUSPENSO ou NON PRESENTADAS na primeira
oportunidade poderán entregarse na segunda oportunidade, sempre de acordo ao
enunciado que se propoña para elo. En canto aos criterios de avaliación,
a segunda oportunidade manterá os mesmos que a primeira.

Matrícula a tempo parcial

Os alumnos matriculados a tempo
parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos
específicos que se establecerán. Será obriga do/a estudante comunicar a súa
situación ao profesorado.

Oportunidade adiantada de
decembro

A avaliación da oportunidade
adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita.

* Normativa de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster
universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19
de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes