Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Álxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 C6 C7 Ao final do curso realizarase unha proba escrita. Esta proba inclúe:
- Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Exercicios cun grao de dificultade similar aos realizados en clase e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos.
Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión destes e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.
A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua.
Para aprobar a materia é necesario obter máis de tres puntos dos oito posibles na proba escrita.
80
Prácticas de laboratorio A1 B3 B6 C1 C6 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre as definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios formulados así como a presentación e claridade da exposición realizada.
Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupo reducido.

A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico.
20
Aprendizaxe colaborativa A1 B3 C1 C7 Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións.
0
 
Observacións avaliación
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes