Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Álxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 B6 C1 C6 Ó longo do cuatrimestre realizanrase unhas probas de avaliación continua de cada un dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre os conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares ós do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta así como a presentación con claridade da exposición realizada.
Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupos reducidos.

A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico.
20
Proba obxectiva A1 B3 C1 Ó final do cuatrimestre realizarase unha proba escrita que inclúe:
- Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade semellante aos realizados na aula e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos.
Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua.

Hai que obter máis de 3 puntos, dos 8 posibles, na proba obxectiva para sumar a ésta a cualificación de evaluación continua (a cualificación final, neste caso, obténse sumando a cualificación da proba obxectiva e a da avaliación continua). Noutro caso, a cualificación final do alumno é, soamente, a nota da proba obxectiva.
80
 
Observacións avaliación
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e de previo acordo co profesorado encargado do grupo ó que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse  as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.

Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes