Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Bases de Datos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral * Grupos de docencia teórica presencial: clases teóricas de aula.
* Grupo de docencia teórica non presencial: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).

Durante estas sesións exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas * Grupos de docencia teórica presencial: clases de problemas no aula.
* Grupo de docencia teórica non presencial: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).

Sesións de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación, déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as.
Prácticas de laboratorio * Clases presenciais en todos os grupos de docencia.

Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.

Nestas clases os estudiantes realizarán tamén o deseño e implementación dunha base de datos relacional, que o estudante deberá desenvolver pola súa conta, coa asistencia puntual dos docentes.
Proba mixta Probas presenciais a realizar en tempo limitado, nas que se evalúan coñecementos tanto teóricos como prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes