Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Bases de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A18 B1 B3 C6 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 60% do global da nota.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 3 (sobre 6)

60
Prácticas de laboratorio A18 A19 B1 B3 B4 C3 C6 Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-Deseño e implementación dunha BD (Puntuación máxima 2 pt).

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:

-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
-A nota correspondente ao deseño e implementación dunha BD non se pode recuperar. Consérvase a nota da primeira oportunidade
40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

  • Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
  • De acordo coa a normativa da UDC, de superaren a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE para intentar mellorar a súa nota.
  • Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba escrita (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
  • Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
  • No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de unha das dúas probas, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.

DISPENSA ACADÉMICA 

  • Aqueles/as
    estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
    exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
    totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
    de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
    nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
    alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA 

  • A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha
    proba escrita que computará o 100% da cualificación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes