Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Proceso Software
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A14 A22 B1 B3 C7 Exame individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese co exame final e o 10% coa proba de comprensión. 60
Prácticas de laboratorio A7 A14 B1 B2 B3 Os alumnos, en grupo, deberán resolver o análise de requisitos dun dominio plantexado polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN:

A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes
aspectos:

1. Probas de comprensión (10% da nota final). Ao longo do curso
realizaranse diferentes probas teorícas e/ou prácticas sobre os contidos
tratados nas sesións maxistrais.

2. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo do
curso realizaranse diferentes prácticas, entre as que destaca a realización da
análise de requisitos dun dominio exposto polo profesor. Para a avaliación
desta práctica supervisada terase en conta:

  • O traballo realizado polos alumnos nas clases mediante
    un proceso de avaliación continua. Para esta avaliación continua terase en
    conta especialmente os seguintes aspectos: asistencia a clase,
    participación, capacidade de traballo en equipo, autonomía no traballo e
    capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico.
  • O contido do traballo presentado, valorando
    principalmente: presentación do traballo, ortografía e redacción, e
    calidade da solución técnica presentada.
  • A exposición do traballo, valorando, entre outros: a
    súa estrutura, claridade na exposición, capacidade de síntese, adecuación
    ao tempo e dominio da materia.

3. Proba mixta ou exame final (50% da nota final). O examen final
constará de preguntas, cuestións e/ou exercicios de calquera aspecto visto na
materia e que o alumno terá que responder.

O exame final compóñense de dous partes: unha teórica, cun peso do
40% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante
remarcar que en ambas as partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na
materia.

ALUMNOS DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:

Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo
supervisada, recoméndase que estes alumnos falen co profesor ao longo da
primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario
posible para a súa realización.

En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades
de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que
poidan asistir ás mesmas.

REQUISITOS:

Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes
requisitos:

1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10
entre todas as probas segundo a ponderación establecida.

2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 2,5
puntos sobre os 5 asignados a esta parte.

RECUPERACIÓN:

Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a
correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a
realización dun novo exame final (teórico e práctico).

Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo
supervisada esta parte non poderá recuperarse.

Con todo, as probas de comprensión hanse de ter que recuperar e
estarán integradas no exame final. Isto significa que na recuperación o exame
final terá un valor dun 60% da nota final.

Para poder aprobar a materia é necesario acadar como
mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; e decir 3 puntos sobre os 6
asignados a esta parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes