Guia docenteCurso
Facultad de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Interfaces Hombre Máquina
   Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Prácticas de laboratorio A19 A23 B1 B2 B4 B7 C3 C6 C7 O estudante deberá realizar varios traballos prácticos en grupos de 2 persoas.. Cada un avaliarase de xeito individual. (Cando sexa imposible traballar en grupo, o traballo levarase a cabo de xeito individual).

A valoración máxima de cada traballo indicarase na presentación do mesmo.
30
Sesión magistral B7 C3 C6 C7 A avaliación realizarase mediante a clásica proba escrita. 60
Trabajos tutelados A19 A23 B1 B2 B4 B7 C3 C6 C7 O estudante deberá preparar de manera autónoma varios traballos. Cada un avaliarase de xeito individual.

A valoración máxima de cada traballo indicarase na presentación do mesmo.

10
 
Observaciones evaluación

Especialmente nas prácticas de laboratorio, penalizaranse todos aqueles métodos de traballo e resultados contrarios ás competencias asociadas.

Dado o carácter práctico da materia, de manera opcional, e sempre a criterio do coordinador da materia, poderanse adiantar partes da proba escrita ao longo do cuadrimestre para aqueles estudantes que demostren un desempeño axeitado na realización dos traballos prácticos. Este escenario prevese especialmente útil no contexto de una docencia multimodal (presencial/online) onde estas mini-probas pódense realizar por medios telematicos de xeito individual.

N.B.: En aqueles cursos nos que non exista separación entre os grupos de prácticas e traballos tutelados, ou que non existan grupos reducidos para os traballos tutelados, os traballos e cualificacións tamén se realizarán de maneira conxunta. Isto é, os traballos tutelados pasarán a formar parte das prácticas de laboratorio, e as prácticas de laboratorio suporán o 40% da cualificación final.

Nos traballos de laboratorio que se realicen en grupo, valorarase tanto a calidade do traballo como a achega persoal de cada membro do grupo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes