Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Internet e sistemas distribuidos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Internet e sistemas distribuidos Código 614G01023
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
juan.raposo@udc.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Manuel
Bellas Permuy, Fernando
Losada Perez, Jose
Montoto Castelao, Paula
Raposo Santiago, Juan
Correo electrónico
manuel.alvarez@udc.es
fernando.bellas@udc.es
jose.losada@udc.es
paula.montoto@udc.es
juan.raposo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no desenvolvemento de aplicacións distribuídas empregando un enfoque de deseño multicapa. No lado servidor, en primeiro lugar deseñase unha capa de acceso de datos, posteriormente unha capa de lóxica de negocio (para completar a capa modelo) e, finalmente, unha capa que expón a funcionalidade da aplicación como un servizo que pode ser empregado por outras aplicacións. Explícanse os principais estilos arquitectónicos para deseñar aplicacións distribuídas: REST e RPC. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, empréganse tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como JDBC, XML, JSON, Servlets, HTTP e Apache Thrift. O enfoque da materia é fundamentalmente práctico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. As sesións maxistrais impartiríanse a través de Teams en tódolos grupos de teoría. A docencia correspondente á parte práctica (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) impartiríase tamén a través de Teams, con sesións grupais cando fose preciso explicar contidos e sesións privadas para atender dúbidas individuais de cada alumno ou grupo de prácticas (de maneira semellante a como se procede nos laboratorios de prácticas). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle: tódolos recursos docentes (diapositivas, exemplos, enunciado da práctica e traballos tutelados, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle. - Teams. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor. - Correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación A proba de resposta múltiple realizaríase a través de Moodle. Os pesos asignados a cada metodoloxía cambiarían: - Proba de resposta múltiple: 40 - Prácticas de laboratorio: 48 - Traballos tutelados: 12 *Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes