Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Internet e sistemas distribuidos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 B1 B3 C2 C3 A práctica estrutúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despois da corrección da segunda iteración. 32
Proba de resposta múltiple A17 B1 B3 C3 C6 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. 60
Traballos tutelados A17 B1 B3 C3 C4 A realización dos traballos tutelados é opcional. Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. 8
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un
    mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,60*notaExame + 0,32*notaPractica + 0,08*notaTraballosTutelados.

Para os alumnos con matrícula a tempo parcial o tamaño da práctica y e os traballos tutelados será menor, sen que elo supoña un prexuízo na súa cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes