Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Lexislación e Seguridade Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 A7 A24 A36 A47 A50 A58 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cada alumno de prácticas de laboratorio, e tras considerar que superou cada práctica, sempre antes do prazo establecido para cada práctica, deberá pasar unha proba oral. Nela o profesor expón pequenas probas que os alumnos deberán resolver sobre as máquinas virtuais do laboratorio de prácticas, defendendo os seus desenvolvementos de forma oral. Durante o curso informaranse dos prazos para a defensa das prácticas. 30
Sesión maxistral A5 A7 A24 A36 A47 A50 A58 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Para loitar contra a posible pasividade do alumno, en certos momentos das sesións maxistrais exponse pequenas cuestións, que fagan reflexionar ao alumno. Este intercambio co alumno, como parte da lección maxistral, permítenos controlar o grao de asimilación dos coñecementos por parte do mesmo. Para potenciar a participación do alumno estás cuestións teñen asignado unha pequena puntuación, segundo o grao de dificultade (puntuación complementaria fóra de guía). 0
Proba de resposta múltiple A5 A24 A36 A47 A50 A58 B5 B6 Esta proba inclúe os contidos e, en xeral, todo aspecto relacionado cos obxectivos da materia. Nela exponse diversas cuestións relacionadas tanto cos contidos das sesións maxistrais como das prácticas de laboratorio, dándolle un maior peso ás primeiras. 70
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario ter superadas as prácticas de laboratorio. Sen as prácticas de laboratorio superadas a cualificación da proba de resposta múltiple dividirase por dúas.


Durante o curso informaranse dos prazos para a defensa das prácticas.

Todos os alumnos, incluídos os de tempo parcial, terán que defender en persoa cada práctica nas datas e lugar establecidos. Na convocatoria de xullo, na súa falta, á proba de resposta múltiple engadiráselle unha proba da parte práctica, que deberá ser superada por separado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes