Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Infraestruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A55 A53 A48 A47 A38 A37 A24 A11 A10 A7 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 3 serán avaliada cunha proba escrita que terá un peso de 1 punto. Na primeira oportunidade, a proba farase durante a última clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será posterior á do exame de teoría.

[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1 punto e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do profesor práctico xa sexa de forma presencial ou telemáticamente. Na segunda oportunidade, a data de defensa non poderá ser posterior á proba de teoría e a forma de defensa será a mesma que para a primeira oportunidade.
20
Proba obxectiva A55 A53 A48 A47 A38 A37 A24 A11 A10 A7 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As sesións maxistrais dos temas 1 a 3 avaliaranse mediante unha proba escrita na data fixada no calendario de exámenes. Terá un peso de 3 puntos.

[Módulo II] A avaliación dos temas 4 a 7 tamén se fará mediante unha proba escrita, que se celebrará conxuntamente coa do [Módulo I]. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas. Este examen terá un peso de 3 puntos.
60
Proba de resposta breve A37 B1 B3 [Módulo I] Varias probas curtas que consistirán na resolución dun problema similar aos realizados en clase. Resolveranse utilizando moodle en varias clases de teoría. Terá un peso de 1 punto.

[Módulo II] No correspondente ao módulo II, esta proba levarárse a cabo de forma oral, diante do profesor, mediante a resposta ás preguntas que se formulan sobre a metodoloxía e desenvolvemento dos distintos apartados da práctica. Terá un peso de 1 punto.
20
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 2 puntos sobre 5 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 sobre 10 puntos.

Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse de calquera dos apartados teóricos ou prácticos de cada un dos módulos (ou dos dous).

Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade. Teranse en conta as seguintes consideracións:

*Proba obxectiva: soamente é necesario presentarse ao módulo no que se obtivo unha nota inferior a 2.5 puntos sobre 5 puntos na primeira oportunidade.

* Prácticas a través de TIC: os estudantes que fagan a "proba obxectiva" na segunda oportunidade, poden optar a conservar a nota de prácticas a través da TIC da primeira oportunidade ou realizar unha nova proba.

* Proba de resposta breve: Conservarase a nota da primeira oportunidade.

Convocatorias extraordinarias:

Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos

Estudantes con matrícula a tempo parcial:

Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes