Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Infraestruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 3 serán avaliada cunha proba escrita que terá un peso de 1 punto. Na primeira oportunidade, a proba farase durante a última clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será a fixada no calendario.

[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1 punto e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do profesor, xa sexa de forma presencial ou telemáticamente. Na segunda oportunidade, a data de defensa non poderá ser posterior á proba de teoría e a forma de defensa será a mesma que para a primeira oportunidade.
20
Proba obxectiva A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 Proba escrita, que se celebrará na data fixada no calendario. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas.

Esta proba terá un peso de 4 puntos para cada módulo.
80
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva).

Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 puntos.

Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse nas prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva.

Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade.

Convocatorias extraordinarias:

Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos

Estudantes con matrícula a tempo parcial:

Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes